O espazo de arte SVT-SIRVENT ofrece a mostra Malaherba do artista Diego Vites

O espazo de arte SVT-SIRVENT ofrécenos unha mostra de Diego Vites (O Grove, 1986) so o título de Malaherba. Trátase dun traballo centrado puramente no pictórico, a diferenza de proxectos anteriores do artista que inserían video, fotografía, escultura, performace e/ou instalacións. Estamos perante un proxecto que desde o mesmo título remite á relación entre a creación artística e a natureza, situándose, en concreto, nunha tradición da representación das plantas que suxire reflexións ligadas á pervivencia do pintura como unha realidade que segue presente de forma transversal en boa parte das prácticas artisticas contemporáneas.

Powered by WPeMatico